miércoles, 25 de noviembre de 2015

Sesión 6

Tivemos moitísimos problemas coas empresas escollidas, xa que Planesga non traballa o que buscamos (resposta ao noso correo), e Afamsa non responde e xa enviamoslles uns 3 correos, entón hoxe procederemos a chamar a empresa.
Dado estes problemas e debido que xa temos todos os datos e o traballo feito de Planesga, na hora de galego teremos que cambiar as entradas.
Como última opción escollimos un comercio sustentable chamada ABC de Bio, esperamos que isto vaia a mellor.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Investigando a empresa

1) Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
  • A nosa empresa é ABC de BIO, é de ámbito nacional e de pequeno tamano xa que hai un só supermercado. É unha S.L. pero aínda non sabemos a súa procedencia do capital e por iso, informarémonos na entrevista.
2) Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.
  • Pertence ao sector terciario e dentro deste pertence ao subsector dos servizos dedicados ás persoas xa que se adican a vender produtos ecolóxicos aos clientes.
3) Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.
  • Actualmente, o sector terciario é o que máis produce empleo en España e mais no mundo enteiro. É o sector da economía que ofrece servizos ás persoas ao cubrir as súas necesidades. 
 4) Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve.
  • ABC de BIO desenvolve actividades económicas de venta de produtos en Vigo, aínda que tamén realizan pedidos a distancia na península.
 5) Localización e factores de localización.
  • Atópase na rúa Padre don Rúa 2,bajo-Vigo (Pontevedra). Segundo os factores de localización, podemos dicir que a localización está determinada pola proximidade ás áreas urbanas e con isto, atraer a máis clientes.
6) Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
  • Para respostar este apartado, esperaremos ao encontro coa empresa, xa que aínda non temos moi claro se fabrican eles os produtos, qué capital reciben e os recursos naturais que utilizan.
7) Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
  • Os seus produtos están dirixidos a eles mesmos, xa que venden os seus produtos ecolóxicos.
8) Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as vendas (publicidade).
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista.
 9) Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación…
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 
10) Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 
11) Relacións da empresa con Organizacións empresariais.
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 
12) Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.
  • Teñen un compromiso intacto co cliente, a través do que podemos ver a calidade dos produtos e o comercio xusto que se leva a cabo con eles, ademáis, obteremos máis información na entrevista.

Sesión 5

Hoxe estivemos buscando información sobre a empresa para completar todas as respostas aínda que a gran maioría non aparecen e teremos que preguntarllo na entrevista coa empresa.
Tamén temos diversas dificultades coas empresas escollidas xa que non responderon a noso correo e tampouco recibimos ningunha chamada.
Tamén, debido a que non traballos todos coordinadamente e algúns non traballan, perdemos moito tempo.

Sesión 3

Hoxe rematamos o traballo da semana anterior e empezamos facer o deste día, case o temos pero teremos que rematalo na casa. Imos enviar 2 correos a dous empresas seleccionadas por Eva, as clases foron bastante produtivas aínda que con moitos movementos nos compañeiros.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Sesión 4

Hoxe estivemos facendo a solicitude para as empresas escollidas, na hora de sociais mandámoslla a AFAMSA, e na hora de galego temos pensado enviala a Planesga, as dúas empresas escollidas pola profesora.
Na hora de galego teremos que apurar un pouco máis xa que senón non acabaremos o da sesión de hoxe, aínda que pensamos que si.
Espero que traballemos ben e sen problemas en galego, todos á vez.
Esta clase valeu para moito.

Modelo de solicitude

Bos días:

Somos Verónica, Mario, Cloe e Santiago; catro alumnos de 3º ESO do centro educativo Mª Aux. Salesianos Vigo. Estamos a facer un proxecto para as asignaturas de xeografía e galego, que consiste en escoller unha empresa que esté en Vigo e que cumpra unhas certas características sustentables como traballar con produtos ecolóxicos ou enerxías renovables.

Escollimos a vosa empresa polo sistema produtivo sustentable que levades a cabo e gustaríanos poder analizalo máis de cerca e coñecer todos os datos posibles acerca da vosa maneira de traballar e de utilizar os produtos.

Interésanos a información que aportades na vosa páxina web, como cando facedes referencia a calidade e a seguridade nos alimentos ou cando indicades que obtedes produtos naturais, segundo a normativa europea relativa ás materias primas. Tamén chamounos a atención o voso uso de comercio xusto e responsable e a vosa preocupación pola seguridade medioambiental.

Gustaríanos obter unha entrevista con vós para poder realizar o noso artigo para o proxecto coa maior cantidade de datos verídicos posibles, se vos parece ben esta oferta facédenolo saber mandando un correo a esta dirección:______________ ou chamando a este número de teléfono: _________.

Encantaríanos recibir unha reposta o máis pronto posible e estaríamos moi agradecidos se aceptades a nosa proposta.

Moitísimas grazas e un saúdo de: Santiago, Cloe, Verónica e Mario.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Ideas para o proxecto

Que tipo de reportaxe sobre a empresa queremos facer?
Cremos que a mellor maneira de recoller datos e información sobre a empresa, como funciona, con que medios... é entrevistando aos traballadores ou ao xefe porque desta maneira, ademais de obter a información verídica de primeira man obtemos tamén as opinións dos empleados.


Que pasos temos que seguir para elaborar a reportaxe?
1: Necesitaremos contactar coa empresa.
2: Escribiremos preguntas con relación ás características sustentables da empresa.
3: Decidiremos coa empresa a data e a hora da entrevista e solicitaremos unha entrevista co xefe ou con algún empleado.
4: Intentaremos recadar a maior información posible coas preguntas para despois ter os datos suficientes para poder realizar a nosa reportaxe.
5: Redactaremos o artigo proposto.


Que contidos/temas podemos abordar a través da reportaxe?

1.- Por qué existe esta empresa?
2.- por qué decidiu a empresa ter as características sustentables que a diferencian das outras empresas'
3.- Cantos locais teñen?
4.- Por qué utilizan produtos ecolóxicos?
5.-Son verdade todas as características sustentables da empresa?
6.- Conseguen o rendemento económico necesario cos produtos naturais?
7.- A súa opinión sobre o comercio xusto e cando non se leva a cabo.
8.- Cantos anos levan coidando o medio ambiente e comprometidos coas características sustentables?
9.- Cren que poderán seguir tendo éxito con este método?

martes, 3 de noviembre de 2015

Empresas seleccionadas


NOME DA EMPRESASECTOR ECONÓMICOCARACTERÍSTICAS SUSTENTABLESLOCALIZACIÓN E
DATOS DE CONTACTO
ENLACE PÁXINA WEB
Reciclaxes AVI
S.L.U
Sector terciarioEs la recogida, transporte y valorización de residuos sólidos urbanos e industriales no peligrosos.Camiño do Cacheno, 17
36417 – Tameiga – MOS (Pontevedra)
+34 986 469 979
+34 619 922 782

http://reciclajesavi.es/


Planesga




Sector terciario
Enerxías renovables

R/ Fonte das Abelleiras, s/n Local 26.2
36310 Vigo PONTEVEDRA
Telf.: 986 120 464
E-mail: info@planesga.es


http://planesga.es/

AFAMSA - Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos S.A.




Sector secundario-Calidad y seguridad alimentaria.
-Produtos naturales obtidos segundo á normativa europea relativa ás materias primas.
-Comercio xusto.
-Seguridade medioambiental.
Fábricas, oficinas e laboratorio:
-Rúa Baloutas de Abaixo, 25 – Parque Empresarial A Veigadaña
36416 Mos (Pontevedra) – España
Teléfono: 986 271 458
E-mail: afamsa@afamsa.com

Instalaciones portuarias:
-Muelle del Arenal
2ª alineación
36201 Vigo (Pontevedra) – España




http://afamsa.com/


Limpiezas azul



Sector servizos (comercio polo miúdo)Empresa responsable
Futuro mellorando
Materiais que non dañen ao medio ambiente
Telf: 986 260 844
Valbarda, 75 -
36216 Vigo (Pontevedra)
Correo:
limpezasazul@limpezasazul.com
http://www.limpiezasazulvigo.com/index.html