jueves, 27 de octubre de 2016

MERCANTILISMO

O mercantilismo é o conxunto de ideas ou doutrinas económicas que prevaleceron en Europa nos séculos XVII e XVIII, que consideraba que a prosperidade dun Estado residía no capital que podía acumular a través do comercio.
O seu obxectivo era aumentar a riqueza da nación en base a acumulación de metais preciosos coma o ouro e o prata, e tamén na priorización do comercio exterior, e para que este dé moitas ganancias é necesario exportar moito e importar pouco.
Coma  por exemplo, no comercio triangular facíanse intercambios entre países europeos coma España, Inglaterra, Holanda, Francia e Portugal no que lles daban aos países americanos e africanos produtos de pouco valor a cambio de escravos; outro exemplo foron os intercambios entre América e Europa, onde os europeos daban materias primas a cambio de metais preciosos.
Claramente é moito máis favorable para os países europeos, xa que vendían estes produtos de pouco valor a moito máis prezo.



A natureza deste texto histórico é económico e o seu tipo de fonte é primaria, xa que é un texto escrito durante aquela época onde os mercantilistas buscaban enriquecer a súa nación ao intercambiar produtos por medio do comercio exterior, neste caso, é aumentar a riqueza de Inglaterra, no ano 1664. O seu autor foi Thomas Mun, un dos primeiros mercantilistas da época. O texto non deixa ver ningún acontecemento histórico clave, xa que básase no tema do mercantilismo onde o máis importante era beneficiarse dos países extranxeiros. Os destinatarios deste escrito eran todos os países europeos, para que estes puidesen facer intercambios cos países exteriores para que esta nación saíse beneficiada.


As fontes que empreguei para atopar a información foron as seguintes:
http://www.significados.com/mercantilismo/
http://html.rincondelvago.com/mercantilismo_2.html
Destes dous enlaces tentei coller máis información da que tiña nos meus apuntamentos sobre o mercantilismo para poder facer a súa definición.
http://www.infoescola.com/brasil-colonia/comercio-triangular/
Deste collín máis información sobre o tema do triángulo do comercio, ademáis da axuda dos apuntamentos.
http://www.uhu.es/antonio.hidalgo/documentos/pesd.pdf
Esta é a fonte da que saquei o texto historico.
En xeral, toda a información recollida nesta entrada foi collida dos apuntamentos da clase e máis das páxinas web.