viernes, 10 de marzo de 2017

El estado liberal durante el reinado de Isabel II


Diario de aprendizaxe

Estas últimas semanas estivemos facendo un traballo de ciencias sociais que consiste en facer un vídeo, e a cada grupo con distintas épocas. Ao noso tocounos o Estado liberal durante o Reinado de Isabel II.

Os dous primeiros días estiven buscando información e subliñando as palabras clave da fotocopia que nos falicitou a profesora dun libro que fala con detalle deste tema xunto con Diego. Tamén estiven seleccionando a información necesaria para facelo o máis curto posible, e por isto mesmo eliminei algunhas partes.
Na seguinte sesión tentamos grabar as voces aínda que non foi posible xa que non había sitio. Entón aproveitamos a clase para completar o vocabulario e a cronoloxía mentres Diego sintetizaba a información sobre a industrialización do libro. A verdade é que se houbésemos grabado este día, ao final teríamos tempo.
O xoves foi unha clase bastante mal aproveitada, xa que olvideime a fotocopia na clase por un despiste, o que fixo que a profesora non nos deixase grabar. Aínda que nos serviu para buscar todas as fotografías e cadros que íamos empregar logo para a edición do vídeo. 
O venres grabamos as voces, a miña parte era ler unha parte sobre a clase obreira. Debido a isto, apenas tivemos tempo para editar e xuntalo todo. Entón quedamos pola tarde para facelo, aínda que tivemos moitos problemas, xa que ao comezo non arrancaba o movie maker, e xa cando eu tiña o primeiro minuto do vídeo, o ordenador non tiña espazo para gardalo. O que supuxo volver a facelo, do que se encargaron Diego e mais Lucas.

jueves, 24 de noviembre de 2016

Sesión 3

Hoxe estivemos completando todo no Timeline e buscando imaxes,. Oleg encargouse de colgalo  no seu blog, eu o colgarei mañá.

Sesión 2

A semana pasada estivemos buscando información do Imperio Napoleónico tanto no libro coma por Internet. Organizamos o traballo de cada un para a seguinte sesión.

jueves, 17 de noviembre de 2016

Plan de equipo

As datas que imos a traballar:

1799 - Golpe de estado de Napoleón.
1802- Consul Vitalicio
1804- Emperador - Código Civil
1805/1806 - Batallas: Austerlitz, Xena e Trafalgar (Victoria)
1808 - Conquista España
1812 - Conquista Rusia
1814 - Fracasa, perde España e Rusia
1815- Waterloo, Santa alianza ( Retorno ao absolutismo)