viernes, 10 de marzo de 2017

Diario de aprendizaxe

Estas últimas semanas estivemos facendo un traballo de ciencias sociais que consiste en facer un vídeo, e a cada grupo con distintas épocas. Ao noso tocounos o Estado liberal durante o Reinado de Isabel II.

Os dous primeiros días estiven buscando información e subliñando as palabras clave da fotocopia que nos falicitou a profesora dun libro que fala con detalle deste tema xunto con Diego. Tamén estiven seleccionando a información necesaria para facelo o máis curto posible, e por isto mesmo eliminei algunhas partes.
Na seguinte sesión tentamos grabar as voces aínda que non foi posible xa que non había sitio. Entón aproveitamos a clase para completar o vocabulario e a cronoloxía mentres Diego sintetizaba a información sobre a industrialización do libro. A verdade é que se houbésemos grabado este día, ao final teríamos tempo.
O xoves foi unha clase bastante mal aproveitada, xa que olvideime a fotocopia na clase por un despiste, o que fixo que a profesora non nos deixase grabar. Aínda que nos serviu para buscar todas as fotografías e cadros que íamos empregar logo para a edición do vídeo. 
O venres grabamos as voces, a miña parte era ler unha parte sobre a clase obreira. Debido a isto, apenas tivemos tempo para editar e xuntalo todo. Entón quedamos pola tarde para facelo, aínda que tivemos moitos problemas, xa que ao comezo non arrancaba o movie maker, e xa cando eu tiña o primeiro minuto do vídeo, o ordenador non tiña espazo para gardalo. O que supuxo volver a facelo, do que se encargaron Diego e mais Lucas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario