miércoles, 27 de enero de 2016

Exposición do proxecto

Entre as tarefas que realicei durante o proxecto están: buscar información e buscar empresas (polos diversos problemas que tivemos con elas), a elaboración das preguntas para a entrevista xunto con Mario e Cloe, axudar aos compañeiros no que fora necesario, achegar ideas na visita e algunhas preguntas extras con Cloe, elaborar a videoreportaxe xunto con Santi e Cloe e a reportaxe escrita con Cloe.

Na visita a ABC de Bio, estivemos nesa tenda ao redor de 3h, e estivemos facéndolles preguntas Cloe e máis eu mentres Mario e Santi grababan a entrevista., aínda que eles tamén participaron con algunha que outra pregunta. Os traballadores achegáronnos toda a información necesaria e moitas máis cousas coma por exemplo nos ensinaron toda a tenda e os produtos máis especiais que tiñan. A verdade é que foi moi facil debido a que eles non tiñan ningún problema en respostar ás nosas preguntas. Na tenda grabamos toda a reportaxe aínda que na videoreportaxe non puidemos agregar todo.

No traballo en equipo todo foi bastante ben xa que cada un tiñamos unha tarefa determinada, aínda que ás veces algún dos integrantes non aportaba moitas ideas...Aínda que en xeral o traballar xunto a eles foi bastante cómodo e interesante quitando algúns que outros problemas.

Durante o proxecto aprendín a traballar mellor en equipo, buscar informacíon de maneira máis rápida e eficaz polo internet, a redactar mellor, facer entrevistas sen ningún problema facéndome así quitar nervios. E debido ao bó desenvolvemento do proxecto, aprendín a compartir as tarefas.

O máis difícil foi a búsqueda da empresa, e debido a este problema tivemos que recurrir a unha tenda que traballara con produtos ecolóxicos. Entón pareceume un pouco complicado o cambio de algunhas preguntas que facer na entrevista, xa que ás veces algunhas preguntas non tiñan resposta porque non traballaban con certas características das empresas.

O máis fácil foi o desenvolvemento da entrevista, xa que todo saiu como o previsto, sen ningún problema e creo que tiñamos moita información da tenda grazas aos traballadores.

Se tivese que cambiar algo cambiaría o tempo perdido ao principio do proxecto debido a todos os problemas que tivemos, aproveitando o tempo moito mellor.

Non cambiaría o modo que tivemos de desenvolvemos no proxecto xa que tivemos un bó resultado.