No día de hoxe estivemos distribuindo as diferentes funcións de cada membro do equipo, cada un de nos estivo dando as súas ideas sobre isto e ao final chegamos a un acordo grupal.
Faltounos facer o plan de equipo e rematar as normas, que as tentaremos facer ao longo da semana e logo o colgaremos cada un respectivamente no blog.
jueves, 10 de noviembre de 2016
Caderno de equipo
Os cargos do noso equipo son:
- Coordinador, Andrea.
- Distribue entre os integrantes do grupo o traballo que se realizará na sesión.
- Ao final da clase responsabiliza se de que todos os integrantes finalizasen a súa parte da tarefa na sesión correspondente e se non é así, tomará as medidas correspondentes.
- Se no traballo o grupo atopa algunha dificultade ou problema , encargarase de axudar e no momento necesario falar coa profesora para solucionar o imprevisto.
- Secretario, Vero.
- Requiere unha boa ortografía xa que revisará os textos dos compañeiros.
- Gardará o material anexo como folios de información, fichas…
- En caso de que a tarefa sexa conxunta encargarase da redacción do texto grupal.
- Moderador, Oleg.
- Axuda na conversa nos posibles conflictos que poden xurdir no grupo escoitando as dúas partes implicadas e resolvendoo coa maior eficacia posible.
- É o encargado de crear un bo ambiente que favorezca o traballo en grupo
- Axudante, Javi.
- Encargase de axudar a todos os membros do equipo que o precisen na realización das súas tarefas.
- Se algún dos outros membros do equipo non acude a sesión este encargarase de facer o seu cargo no grupo e máis tarde informará a persoa ausente.
NORMAS:
Escoitanse todas as opinións por igual en orde e chegase a un acordo final en consenso con todos os integrantes do grupo
jueves, 27 de octubre de 2016
MERCANTILISMO
O mercantilismo é o conxunto de ideas ou doutrinas económicas que prevaleceron en Europa nos séculos XVII e XVIII, que consideraba que a prosperidade dun Estado residía no capital que podía acumular a través do comercio.
O seu obxectivo era aumentar a riqueza da nación en base a acumulación de metais preciosos coma o ouro e o prata, e tamén na priorización do comercio exterior, e para que este dé moitas ganancias é necesario exportar moito e importar pouco.
Coma por exemplo, no comercio triangular facíanse intercambios entre países europeos coma España, Inglaterra, Holanda, Francia e Portugal no que lles daban aos países americanos e africanos produtos de pouco valor a cambio de escravos; outro exemplo foron os intercambios entre América e Europa, onde os europeos daban materias primas a cambio de metais preciosos.
Claramente é moito máis favorable para os países europeos, xa que vendían estes produtos de pouco valor a moito máis prezo.
A natureza deste texto histórico é económico e o seu tipo de fonte é primaria, xa que é un texto escrito durante aquela época onde os mercantilistas buscaban enriquecer a súa nación ao intercambiar produtos por medio do comercio exterior, neste caso, é aumentar a riqueza de Inglaterra, no ano 1664. O seu autor foi Thomas Mun, un dos primeiros mercantilistas da época. O texto non deixa ver ningún acontecemento histórico clave, xa que básase no tema do mercantilismo onde o máis importante era beneficiarse dos países extranxeiros. Os destinatarios deste escrito eran todos os países europeos, para que estes puidesen facer intercambios cos países exteriores para que esta nación saíse beneficiada.
As fontes que empreguei para atopar a información foron as seguintes:
http://www.significados.com/mercantilismo/
http://html.rincondelvago.com/mercantilismo_2.html
Destes dous enlaces tentei coller máis información da que tiña nos meus apuntamentos sobre o mercantilismo para poder facer a súa definición.
http://www.infoescola.com/brasil-colonia/comercio-triangular/
Deste collín máis información sobre o tema do triángulo do comercio, ademáis da axuda dos apuntamentos.
http://www.uhu.es/antonio.hidalgo/documentos/pesd.pdf
Esta é a fonte da que saquei o texto historico.
En xeral, toda a información recollida nesta entrada foi collida dos apuntamentos da clase e máis das páxinas web.
lunes, 20 de junio de 2016
jueves, 26 de mayo de 2016
miércoles, 11 de mayo de 2016
Plan de equipo
NOME
|
CARGO
|
FUNCIÓNS
|
Lucas F.S.
|
Motivador
|
Motivar e intentar que todos os membros do equipo traballen e realicen as súas funcións.
|
Diego G.F.
|
Coordinador
|
Coordinar o grupo para un bo funcionamento e facer que todos realicen as súas funcións.
|
Gonzalo M.A-M
|
Axudante
|
Axudar aos demáis membros do grupo a realizar as súas función
|
Vero R.A
|
Mediadora
|
Propiciar un bo comportamento de todos os membros do grupo
|
Temos pensado facer un xogo en papel, preparando preguntas, ademáis disto xa temos pensadas algunhas destas, con opcións posibles para responder.
Na seguinte sesión teremos que empezar a redactar as preguntas e o tipo de xogo.
jueves, 21 de abril de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)